martes, 13 de septiembre de 2011

Happy Birthday, Fallingwater House!

A ‘Casa da Fervenza’, Falllingwater House ou Residencia Kaufmann é un coñecido clásico da arquitectura que cumpre 75 anos. Para celebralo, a Fundación Lloyd Wright organizou unha gala na súa honra e nós queremos honrar esta obra abrindo a discusión sobre a súa validez e importancia no mundo da arquitectura.

O seu valor na arquitectura americana é indiscutible, xa que Frank Lloyd Wright logrou plasmar nesta obra unha maneira brillante de consolidar a fusión entre arquitectura e natureza. Na casa lógrase unha harmonía entre a combinación do bosque, do río e da roca, que se transforman nos mesmos elementos da construción.

A casa constrúese sobre unha fervenza onde se van despegando volumes en voadizo sobre a corrente e as rocas, de xeito que o son da auga invade a residencia en todo momento. A casa pon aos habitantes nunha relación moito máis íntima coa natureza, que é glorificada converténdoa nun elemento da vida diaria.

A Fallingwater foi recoñecida como unha obra exemplar desde os seus inicios. En 1938, recentemente terminada, fora publicada en portada da revista Estafes, onde se recoñeceu como o traballo máis atractivo do arquitecto. En 1991, a obra xa logra maior importancia e protagonismo cando os membros do American Institute of Architects declárana como a mellor obra de arquitectura norteamericana de todos os tempos e, hai dous anos, a elitista Smithsonian Magazine incluíuna entre a selección dos 28 lugares que hai que visitar antes de morrer.
Cando o matrimonio Kaufmann morreu, o seu fillo vendeuna á Fundación Frank Lloyd Wright ao verse incapaz de afrontar o mantemento que impuña o edificio. En 1964 foi aberta ao público, sendo unha das obras de arquitecturas máis visitadas e recoñecidas no globo. A casa actualmente funciona como museo e en catro décadas recibiu máis de catro millóns de visitantes.

miércoles, 7 de septiembre de 2011

César Portela. Entrevista

Dende o edificio Domus, na Coruña, ata o Museo do Mar de Galicia, en Vigo, son decenas os edificios emblemáticos que levan a sinatura de César Portela (Pontevedra, 1937). Premio Nacional de Arquitectura, ten agora entre mans a torre de control do aeroporto de Sharm el Sheikh en Exipto, o aeroporto de Vigo ou a estación intermodal da Coruña. 




Reproducimos a continuación un fragmento da súa entrevista no xornal De Luns a Venres:

¿Cal foi o seu maior reto? 

Facer a miña casa. Pór de acordo ao arquitecto, que era eu, co propietario, que tamén era eu. Foi difícil e non o logrei... pero case.
Vostede defínese como “arquitecto galego”. ¿Existe unha arquitectura galega ou española?
Unha arquitectura galega, si; unha española, non. A arquitectura que se fai en España é moi diversa; hai grandes diferenzas entre a palloza galega –un espazo do lume– e unha casa-patio andaluza –un espazo do fresco–. Só teñen en común o acertadas que son ambas para o seu lugar.

 
¿Que opinión lle merecen os arquitectos estrela?
A min gústanme os bos arquitectos, que son os que fan boa arquitectura, e encántanme as estrelas do ceo. Pero os arquitectos estrela non adoitan ser nin o un nin o outro. Son, case sempre, uns ególatras, un produto da mercadotecnia. Dicía Azcona, o guionista da maioría das películas de Berlanga e un grande humorista, que os seres humanos somos vanidosos e que todos temos o noso ego, pero que moitos arquitectos teñen dous ou máis...

 
Traballou en diversos lugares do mundo. ¿Seguía sendo un arquitecto galego cando construía a ponte Azuma, en Xapón?
Si, e sentíame máis galego que nunca, pero como arquitecto trataba de ser máis xaponés que os arquitectos xaponeses. O resultado é a mellor proba diso: fixen unha ponte de madeira da que estou moi orgulloso e que foi unha aprendizaxe para outras que fixen, en Allariz e en Cádiz.

 
Admirador confeso de Fernando Távora, ¿que opina do seu alumno Álvaro Siza, tan presente na arquitectura compostelá?
A Távora admireino e quíxeno. Foi, ademais de amigo, un mestre para min e para toda a arquitectura moderna portuguesa. Siza pode ser o seu máis emblemático representante na actualidade.

 
En 2002 déronlle o prestixioso Premio Philippe Rothier polo seu proxecto para o cemiterio de Fisterra. ¿Que supuxo esa obra?
Foi como un poema, no que non pode faltar nin sobrar nada. Creo que é unha obra pequena de tamaño, cun volume case insignificante, pero simbolicamente moi importante. Un cemiterio aberto á paisaxe, no que os seus muros son a montaña, o mar e o ceo.

 
Repetiu o ‘Philippe Rothier’ co Museo do Mar de Galicia e tamén foron galardoados o faro de Punta Nariga, o edificio Domus... A súa obra está moi ligada ao mar.
Si, para min é liberdade, como dicía Baudelaire, e por iso foi sempre unha obsesión. Cando estudaba en Madrid, a finais de curso, preocupábame tanto aprobar como poder volver á casa, coller o traxe de baño e ir correndo á praia ou ao río a mergullarme.

jueves, 9 de junio de 2011

Keneth Frampton. Entrevista

O pasado día 6 de xuño, o xornal virtual El País publicou unha interesante entrevista a Kenneth Frampton, quen falou da situación actual da Arquitectura e outros temas relacionados coa crítica ao desenrolo urbano contemporáneo. 



Kenneth Frampton (Woking, Reino Unido, 1930) sólo ha construido un edificio de viviendas de alquiler en Londres y otro de vivienda social en Estados Unidos. “Supongo que me di cuenta de que podía contribuir más al mundo escribiendo y enseñando arquitectura que tratando de construirla”, explica en Madrid, invitado por la Asociación de Becarios de La Caixa.
Y tiene sentido. Su libro Una historia crítica de la arquitectura moderna (Gustavo Gili) es la Biblia de los estudiantes de esta disciplina. Desde que lo escribiera en 1980 -vive en EE UU, adonde emigró en 1966 para dar clase en las Universidades de Princeton y Columbia- lo ha revisado tres veces. La primera añadió su famoso regionalismo crítico, que refleja cómo el genius loci marca los edificios (1985); en la segunda indagó en las arquitecturas fragmentadas de la deconstrucción (1992) y en la última explicó los efectos de la globalización, el fenómeno de los arquitectos estrella y, también, la sostenibilidad (2007).
Frampton asegura que no trabaja en una cuarta revisión, pero considera que el impacto de la crisis será notable.

¿Se resentirá también la arquitectura del espectáculo o simplemente se mudará a otro lugar? 
“La manhattización del mundo continuará en países emergentes como China y Rusia: la arquitectura especulativa mueve dinero, y eso asegura que la proliferación de rascacielos no se detendrá”, sostiene. De los últimos años considera que lo peor ha sido “tratar la arquitectura como arte, como esculturas gigantescas; eso reduce la arquitectura a la fachada de los edificios”. Pero ve positiva la atención prestada en los medios. “Hemos conocido obras levantadas con medios escasos como la de Francis Kéré en África”.

¿Pueden imponerse otros valores para repensar la arquitectura y el urbanismo? Con tantos arquitectos recién licenciados en paro, ¿romperá la realidad social la tradicional endogamia de la arquitectura?  
Frampton admite que su profesión es hoy más precaria que nunca, aunque señala que aquí el caso se ha agravado: “Tras la muerte de Franco España vivió una edad de oro de la arquitectura, con muchos edificios públicos. Pocos países podían igualar la diversidad y la calidad de lo construido aquí, pero todo se acaba”.

Hoy, la gran foto de la arquitectura mundial habla de ejemplos refinados conviviendo con la barbarie: “El 80% de lo que se construye es mediocre y está mal hecho”. ¿Qué no funciona en una profesión en la que muchos grandes nombres llevan dos contabilidades: la de la arquitectura que se publica y la que no debe ser publicada?  
“La dedicación exhaustiva es poco rentable. Los edificios en los que se repite una planta son la mejor fuente de ingresos. Pero no todos los grandes hacen eso. Los portugueses no: ni Álvaro Siza ni Souto de Moura”, aclara. Como ellos, Frampton es un gran defensor del Movimiento Moderno. “Fue el primer movimiento global: los objetivos lo eran y el resultado también. Era progresista y cambió la faz de la tierra. El legado sigue vivo y con potencial, ha demostrado saber absorber nuevas tecnologías y poder trabajar con poco”. Recuerda que la influencia del Renacimiento se extendió hasta el siglo XIX, y piensa que la de la modernidad podría también perdurar siglos.
El Renacimiento no llegó a África y el Movimiento Moderno, sí. Por eso a Frampton le parece fundamental el regionalismo crítico: cómo las culturas modifican una idea que permite la reelaboración al contacto con las tradiciones. Hoy el profesor reconoce que la lectura de los historiadores ha sido “imperialista y eurocéntrica”, y que la otra mitad del mundo -África, el sureste asiático y la Sudamérica que queda más allá de Barragán o Niemeyer- podría ser un modelo en esta época de crisis.
Frampton ejerció la crítica desde sus libros o desde las aulas: -”Nadie me pidió que escribiera para un periódico”- y hoy considera que entre los grandes maestros modernos como Le Corbusier, Mies van der Rohe o Frank Lloyd Wright, el finlandés Alvar Aalto es el que más vivo ha sabido mantenerse. “Su herencia es la más rica. No solo por su actitud hacia el paisaje, también por adelantar la preocupación por la sostenibilidad y el respeto por lo local”. Ve en el traslado de Mies van der Rohe a América la mayor contribución estadounidense a la arquitectura moderna: “La manera elegante y minimalista de levantar edificios con estructura metálica y fachadas de vidrio cambió la faz de las ciudades. Se convirtió en sinónimo de urbano y se exportó por todo el mundo”. ¿Ha habido también una contribución española? Kenneth Frampton ha escrito que en el mundo hay cuatro países con una alta cultura arquitectónica: Japón, España, Francia y Finlandia. “No se trata de que exista una figura aislada, sino un elevado número de arquitectos levantando edificios de gran calidad. Eso es cultura arquitectónica. España lo consiguió gracias a los Gobiernos de la Transición y a la clase media”, sostiene. Hoy no sabría juzgar. Hacía 50 años que no visitaba Madrid. Y se declara “incapaz de entender los límites de la ciudad”. “El crecimiento sin límites no hace ciudades. Es un reflejo del consumismo”, sostiene. “El automóvil es el invento más apocalíptico de todos los tiempos. Más aún que la bomba atómica, porque está por todo el mundo y no tiene vuelta atrás. El automóvil está tan integrado en el funcionamiento de nuestra economía que no podremos prescindir de él. Aunque caminemos”.

Por Anatxu Zabalbeascoa

martes, 29 de marzo de 2011

Souto de Moura. Premio Pritzker

O arquitecto portugués Eduardo Souto de Moura (Porto, 1952) foi galardoado co Premio Pritzker de Arquitectura 2o11, dotado con cen mil dólares (pouco máis de setenta mil euros), por un traballo desenvolvido durante tres décadas no que combinou a modernidade cos ecos da tradición, segundo o xurado. 


Oporto viu nacer ao máis novo da terceira xeración de arquitectos modernos portugueses. Foi en 1952, o seu nome: Eduardo Souto de Moura. Iniciouse na arquitectura como discípulo de Fernando Távora, considerado o pai da arquitectura moderna, e de Álvaro Siza, con quen traballou entre os anos 1974 e 1979. Licenciado na Escola Superior de Belas Artes da súa cidade natal, tivo na súa Escola de Arquitectura a primeira experiencia como profesor asistente, á que seguiron outras durante a década do oitenta, nas escolas superiores de Paris-Belleville, Harvard, Dublín, Zúric e Laussane, onde adquiriu renome na restauración e deseño de edificios monumentais. Nesa época dirixiu a reconstrución da Casa das Artes e o centro cultural da Secretaría de Estado da Cultura do Porto, así como o departamento de Xeociencias da Universidade de Aveiro e un proxecto de hotel emblemático para a cidade austríaca de Salzburgo.

O dato máis significativo da súa obra é a adecuación do edificio á súa contorna, a partir de formulacións aparentemente sinxelas e de extremada sensibilidade, que recollen a herdanza do movemento moderno centroeuropeo. Influído polos suízos Herzog & De Meuron, Souto de Moura propón unha arquitectura moi pragmática na súa busca da simplicidade e o confort. O seus proxectos, que se achegan xa á centena, céntranse nos detalles e nos materiais, como así o reflicte o pavillón de Portugal, deseñado con Álvaro Siza para a Expo 98 de Lisboa, por mor do 5ooº aniversario da primeira viaxe de Vasco de Gama á India. Pero hai moitos exemplos máis, entre eles: o Mercado de Braga, a reforma da Praza Giraldo en Évora, a ponte Dell’Academia en Venecia ou o Forum de Arquitectura de Zúric.


A rehabilitación da pousada do mosteiro de Santa María do Bouro valeulle en 1996 unha nominación para o premio europeo de arquitectura Pabellón Mies van der Rohe xunto con catro máis das súas obras e é que, neste proxecto en cuestión, o histórico e o contemporáneo comulgan de xeito maxistral. Dende entón obtivo diversos recoñecementos internacionais, como o primeiro premio na primeira edición da Bienal Iberoamericana, a nominación como finalista do premio IberFAD e a mención de honra Pedra na Arquitectura.

viernes, 28 de enero de 2011

Gonçalo Byrne. Urbanidades

A Fundación Barrié de la Maza está a organizar unha exposición antolóxica sobre o traballo do arquitecto portugués Gonçalo Byrne, con catorce proxectos que incitan ao espectador unha conversación reflexiva acerca do habitar urbano, da cidade na súa realidade ou na súa ficción.


Gonçalo Byrne é autor dunha vasta obra, varias veces premiada a nivel nacional e internacional. Os seus proxectos son plataformas mediadoras de relación entre o home e o medio, que ilustran a capacidade dinámica e rexeneradora da arquitectura como ferramenta tranformadora da cidade e do territorio.

Habitar a cidade significa para Byrne habitar o territorio, introducindo a dimensión da paisaxe, non coma un baleiro residual, histórica e simbolicamente resistente á cidade, senón como unha parte activa na transformación e o desenrolo sostible das cidades. 


Recoméndovos visitar esta exposición baseada, como escribía antes, sobre o habitar urbano, sobre a cidade e a súa realidade (e a súa ficción); aínda que con unha comprensión máis vasta -na que habitar cidade é tamén habitar territorio- introducindo a dimensión da paisaxe que participa activamente no desenrolo das cidades actuais.

Do 18.11.2o1o ao o3.o4.2o11.


domingo, 16 de enero de 2011

Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura é un dos proxectos en proceso de Eisenman Architects, oficina dun dos emblemáticos New York Five que prepara para o 2o17 a inauguración deste complexo con más de 141.ooo metros cadrados de programa cultural para a cidade de Santiago de Compostela. Dentro do conxunto, anexa ademais as Torres Hejduk, obra perteneciente a outro New York Five, John Hejduk (1929-2ooo).


Esta impoñente obra en construcción de Eisenman (coa intervención de David Chipperfield durante o cambio político), trata de reconciliar a conservación patrimonial coa produción de coñecemento, a investigación, a creación e o consumo cultural. Para este proxecto, o arquitecto aproveita as suaves curvas da topografía facendo emerxer o proxecto dende o solo e abrindo os seus espazos de xeito fluído coa paisaxe.

O complexo compónse de diferentes edificios sutilmente separados entre os cales se encontran o Museo da Historia de Galicia e a Casa Mundo, a Biblioteca e a Hemeroteca, o Escenario Obradorio e o Edificio de Edificios Centrais.


A recente inauguración de etapas xa concluídas (11 de xaneiro de 2o11), puxo ao proxecto novamente no punto de mira. A situación é complexa. Nestes dous últimos anos moitas cousas pasaron e unha das máis importantes é que o país está atravesando unha dura crise económica, o cal espertou polémicas en torno ao gasto que significou este proxecto, sobre todo cando aínda quedan etapas para seguir inaugurándose no futuro.


O efecto Guggenheim en Bilbao de finais dos noventa parece estar lonxe de dar froitos aquí e mentres os medios e sectores políticos descargan en contra do complexo arquitectónico, a Xunta de Galicia continúa coa tarefa de buscar financiamento do sector privado para poder concluír un programa que ante tal estado de avance só lle queda rematarse.

1/5. Megaconstrucciones. Cidade da Cultura

2/5. Megaconstrucciones. Cidade da Cultura
3/5. Megaconstrucciones. Cidade da Cultura
4/5. Megaconstrucciones. Cidade da Cultura
5/5. Megaconstrucciones. Cidade da Cultura