Dende o edificio Domus, na Coruña, ata o Museo do Mar de Galicia, en Vigo, son decenas os edificios emblemáticos que levan a sinatura de César Portela (Pontevedra, 1937). Premio Nacional de Arquitectura, ten agora entre mans a torre de control do aeroporto de Sharm el Sheikh en Exipto, o aeroporto de Vigo ou a estación intermodal da Coruña.
Reproducimos a continuación un fragmento da súa entrevista no xornal De Luns a Venres:

¿Cal foi o seu maior reto?
Facer a miña casa. Pór de acordo ao arquitecto, que era eu, co propietario, que tamén era eu. Foi difícil e non o logrei... pero case.
Vostede defínese como “arquitecto galego”. ¿Existe unha arquitectura galega ou española?
Unha arquitectura galega, si; unha española, non. A arquitectura que se fai en España é moi diversa; hai grandes diferenzas entre a palloza galega –un espazo do lume– e unha casa-patio andaluza –un espazo do fresco–. Só teñen en común o acertadas que son ambas para o seu lugar.
¿Que opinión lle merecen os arquitectos estrela?
A min gústanme os bos arquitectos, que son os que fan boa arquitectura, e encántanme as estrelas do ceo. Pero os arquitectos estrela non adoitan ser nin o un nin o outro. Son, case sempre, uns ególatras, un produto da mercadotecnia. Dicía Azcona, o guionista da maioría das películas de Berlanga e un grande humorista, que os seres humanos somos vanidosos e que todos temos o noso ego, pero que moitos arquitectos teñen dous ou máis...
Traballou en diversos lugares do mundo. ¿Seguía sendo un arquitecto galego cando construía a ponte Azuma, en Xapón?
Si, e sentíame máis galego que nunca, pero como arquitecto trataba de ser máis xaponés que os arquitectos xaponeses. O resultado é a mellor proba diso: fixen unha ponte de madeira da que estou moi orgulloso e que foi unha aprendizaxe para outras que fixen, en Allariz e en Cádiz.
Admirador confeso de Fernando Távora, ¿que opina do seu alumno Álvaro Siza, tan presente na arquitectura compostelá?
A Távora admireino e quíxeno. Foi, ademais de amigo, un mestre para min e para toda a arquitectura moderna portuguesa. Siza pode ser o seu máis emblemático representante na actualidade.
En 2002 déronlle o prestixioso Premio Philippe Rothier polo seu proxecto para o cemiterio de Fisterra. ¿Que supuxo esa obra?
Foi como un poema, no que non pode faltar nin sobrar nada. Creo que é unha obra pequena de tamaño, cun volume case insignificante, pero simbolicamente moi importante. Un cemiterio aberto á paisaxe, no que os seus muros son a montaña, o mar e o ceo.
Repetiu o ‘Philippe Rothier’ co Museo do Mar de Galicia e tamén foron galardoados o faro de Punta Nariga, o edificio Domus... A súa obra está moi ligada ao mar.
Si, para min é liberdade, como dicía Baudelaire, e por iso foi sempre unha obsesión. Cando estudaba en Madrid, a finais de curso, preocupábame tanto aprobar como poder volver á casa, coller o traxe de baño e ir correndo á praia ou ao río a mergullarme.

No hay comentarios:
Publicar un comentario