A casa constrúese sobre unha fervenza onde se van despegando volumes en voadizo sobre a corrente e as rocas, de xeito que o son da auga invade a residencia en todo momento. A casa pon aos habitantes nunha relación moito máis íntima coa natureza, que é glorificada converténdoa nun elemento da vida diaria.
martes, 13 de septiembre de 2011
Happy Birthday, Fallingwater House!
A casa constrúese sobre unha fervenza onde se van despegando volumes en voadizo sobre a corrente e as rocas, de xeito que o son da auga invade a residencia en todo momento. A casa pon aos habitantes nunha relación moito máis íntima coa natureza, que é glorificada converténdoa nun elemento da vida diaria.
miércoles, 7 de septiembre de 2011
César Portela. Entrevista
Reproducimos a continuación un fragmento da súa entrevista no xornal De Luns a Venres:
¿Cal foi o seu maior reto?
Facer a miña casa. Pór de acordo ao arquitecto, que era eu, co propietario, que tamén era eu. Foi difícil e non o logrei... pero case.
Unha arquitectura galega, si; unha española, non. A arquitectura que se fai en España é moi diversa; hai grandes diferenzas entre a palloza galega –un espazo do lume– e unha casa-patio andaluza –un espazo do fresco–. Só teñen en común o acertadas que son ambas para o seu lugar.
¿Que opinión lle merecen os arquitectos estrela?
A min gústanme os bos arquitectos, que son os que fan boa arquitectura, e encántanme as estrelas do ceo. Pero os arquitectos estrela non adoitan ser nin o un nin o outro. Son, case sempre, uns ególatras, un produto da mercadotecnia. Dicía Azcona, o guionista da maioría das películas de Berlanga e un grande humorista, que os seres humanos somos vanidosos e que todos temos o noso ego, pero que moitos arquitectos teñen dous ou máis...
Traballou en diversos lugares do mundo. ¿Seguía sendo un arquitecto galego cando construía a ponte Azuma, en Xapón?
Si, e sentíame máis galego que nunca, pero como arquitecto trataba de ser máis xaponés que os arquitectos xaponeses. O resultado é a mellor proba diso: fixen unha ponte de madeira da que estou moi orgulloso e que foi unha aprendizaxe para outras que fixen, en Allariz e en Cádiz.
Admirador confeso de Fernando Távora, ¿que opina do seu alumno Álvaro Siza, tan presente na arquitectura compostelá?
A Távora admireino e quíxeno. Foi, ademais de amigo, un mestre para min e para toda a arquitectura moderna portuguesa. Siza pode ser o seu máis emblemático representante na actualidade.
En 2002 déronlle o prestixioso Premio Philippe Rothier polo seu proxecto para o cemiterio de Fisterra. ¿Que supuxo esa obra?
Foi como un poema, no que non pode faltar nin sobrar nada. Creo que é unha obra pequena de tamaño, cun volume case insignificante, pero simbolicamente moi importante. Un cemiterio aberto á paisaxe, no que os seus muros son a montaña, o mar e o ceo.
Repetiu o ‘Philippe Rothier’ co Museo do Mar de Galicia e tamén foron galardoados o faro de Punta Nariga, o edificio Domus... A súa obra está moi ligada ao mar.
Si, para min é liberdade, como dicía Baudelaire, e por iso foi sempre unha obsesión. Cando estudaba en Madrid, a finais de curso, preocupábame tanto aprobar como poder volver á casa, coller o traxe de baño e ir correndo á praia ou ao río a mergullarme.
jueves, 9 de junio de 2011
Keneth Frampton. Entrevista
Por Anatxu Zabalbeascoa
martes, 29 de marzo de 2011
Souto de Moura. Premio Pritzker
O dato máis significativo da súa obra é a adecuación do edificio á súa contorna, a partir de formulacións aparentemente sinxelas e de extremada sensibilidade, que recollen a herdanza do movemento moderno centroeuropeo. Influído polos suízos Herzog & De Meuron, Souto de Moura propón unha arquitectura moi pragmática na súa busca da simplicidade e o confort. O seus proxectos, que se achegan xa á centena, céntranse nos detalles e nos materiais, como así o reflicte o pavillón de Portugal, deseñado con Álvaro Siza para a Expo 98 de Lisboa, por mor do 5ooº aniversario da primeira viaxe de Vasco de Gama á India. Pero hai moitos exemplos máis, entre eles: o Mercado de Braga, a reforma da Praza Giraldo en Évora, a ponte Dell’Academia en Venecia ou o Forum de Arquitectura de Zúric.
A rehabilitación da pousada do mosteiro de Santa María do Bouro valeulle en 1996 unha nominación para o premio europeo de arquitectura Pabellón Mies van der Rohe xunto con catro máis das súas obras e é que, neste proxecto en cuestión, o histórico e o contemporáneo comulgan de xeito maxistral. Dende entón obtivo diversos recoñecementos internacionais, como o primeiro premio na primeira edición da Bienal Iberoamericana, a nominación como finalista do premio IberFAD e a mención de honra Pedra na Arquitectura.
viernes, 28 de enero de 2011
Gonçalo Byrne. Urbanidades
domingo, 16 de enero de 2011
Cidade da Cultura
Esta impoñente obra en construcción de Eisenman (coa intervención de David Chipperfield durante o cambio político), trata de reconciliar a conservación patrimonial coa produción de coñecemento, a investigación, a creación e o consumo cultural. Para este proxecto, o arquitecto aproveita as suaves curvas da topografía facendo emerxer o proxecto dende o solo e abrindo os seus espazos de xeito fluído coa paisaxe.
O complexo compónse de diferentes edificios sutilmente separados entre os cales se encontran o Museo da Historia de Galicia e a Casa Mundo, a Biblioteca e a Hemeroteca, o Escenario Obradorio e o Edificio de Edificios Centrais.
A recente inauguración de etapas xa concluídas (11 de xaneiro de 2o11), puxo ao proxecto novamente no punto de mira. A situación é complexa. Nestes dous últimos anos moitas cousas pasaron e unha das máis importantes é que o país está atravesando unha dura crise económica, o cal espertou polémicas en torno ao gasto que significou este proxecto, sobre todo cando aínda quedan etapas para seguir inaugurándose no futuro.
O efecto Guggenheim en Bilbao de finais dos noventa parece estar lonxe de dar froitos aquí e mentres os medios e sectores políticos descargan en contra do complexo arquitectónico, a Xunta de Galicia continúa coa tarefa de buscar financiamento do sector privado para poder concluír un programa que ante tal estado de avance só lle queda rematarse.
1/5. Megaconstrucciones. Cidade da Cultura
2/5. Megaconstrucciones. Cidade da Cultura
3/5. Megaconstrucciones. Cidade da Cultura
4/5. Megaconstrucciones. Cidade da Cultura
5/5. Megaconstrucciones. Cidade da Cultura
jueves, 16 de diciembre de 2010
Happy Birthday, NIEMEYER!

A súa obra parte en 1939, cinco anos despois de graduarse na Escola Nacional de Belas Artes de Río de Janeiro, e nada menos que encabezando o equipo de arquitectos que colaboraron con Le Corbusier no Novo Ministerio de Educación en Río de Janeiro e onde ten a oportunidade de traballar xunto a Lucio Costa e Carlos Leao entre outros.
As décadas dos 4o e 5o serían moi frutíferas para a arquitectura de Niemeyer. Aquí aparecerían importantes obras como o Cuartel Xeral da ONU (en colaboración con Le Corbusier), o parque Ibirapuera ou o MAM de Caracas. Con todo, o máis relevante xorde da man do presidente brasileiro Juscelino Kubitschek, quen decidiu levantar desde cero unha nova capital para Brasil.
Brasília está na memoria de todo arquitecto. O masterplan desenvolvido por Lucio Costa foi acompañado por edificios de Niemeyer, como a Catedral de Brasília, o Congreso Nacional ou o Palacio do Planalto. A estas alturas a arquitectura de Niemeyer deixa de ser puramente lecorbusiana e alcanza un caracter propio, máis escultórico e onde as curvas son un común denominador do mesmo xeito que o uso do formigón armado.
Nos anos 6o, tras a ditadura en Brasil, Niemeyer vese forzado a abandonar o seu país e comezar unha etapa de construción en diferentes lugares do mundo. É así como a súa obra traspasa as fronteiras latinoamericanas e transfórmase nun arquitecto recoñecido en todo o mundo.
En 1988 recibe o recoñecemento máis importante da Arquitectura: O premio Pritzker.

Na actualidade, non é necesario falar de quen é Óscar Niemeyer: os seus anos de oficio e a súa obra transformárono nunha das figuras máis importantes da arquitectura mundial. É así como a súa arquitectura ademais ten un estilo puramente propio que aínda que herdou moitos elementos da arquitectura racionalista europea, foi capaz de elaborar certos conceptos e elementos que lle deron un carácter máis latinoamericano e local.
martes, 9 de noviembre de 2010
Monfero como metamateria
A historia do edificio non é vista como unha secuencia continua senón como un testemuño reinterpretado de xeito non secuencial. A base histórica adquire unha importancia tradicionalmente outorgada ao lugar. Asimilándollo como unha ferramenta de traballo, os arquitectos remarcan, suavizan ou anulan a materia construída do mesmo xeito como axeitan o terreo ou determinan as relacións visuais ou volumétricas como envolvente.
Por outra banda, o proxecto recorda a Ruskin na recuperación do discurso en torno á nostalxia, á ruína, á beleza da pátina. Pretende a verdade do existente en contrapunto á intervención estética, asumindo engurras e defectos, refacéndollos segundo unha nova lóxica persoal, cuns principios destacados ao nivel funcional e construtivo. Os arquitectos recolocan todos estes elementos físicos, poéticos ou filosóficos de novo na contemporaneidade, adaptados a unha imaxe clara e actual, sen establecer analoxías ou contrastes; pero si unha nova imaxe, a súa.
domingo, 7 de noviembre de 2010
Club Náutico en Miño
Data. Proxecto: 2oo4-o5
Superficie. 587,75 m2
O porto de Miño é un enclave portuario situado nunha zona remarcable da costa coruñesa pola riqueza e beleza do seu paisaxe. Dispón dunha ampla amarradoira de embarcacións de recreo de recreo e deportivas, constituíndo un punto de partida clave para as excursións marítimas. En menor número, alberga tamén unha pequena flota pesqueira. O edificio busca integrarse na paisaxe, desaparecendo, a través do reflexo das augas na infinitude dos seus vidros, protexidos por esa inmensa cuberta a modo das ás despregadas dos cormoráns do lugar. En tal situación, mordendo o dique, o edificio aparece no límite da dársena, abríndose ao mar e dando a benvida aos novos tripulantes.
O edificio organízase en dúas plantas superiores onde se sitúan as oficinas, as salas de estar, un ximnasio e o bar - restaurante, orientados ao sudoeste e ofrecendo unha ampla, inmediata e interminable visión do mar aberto.
A lousa construida sobre o nivel do mar dá lugar a unha planta soterrada onde se aloxan tódalas instalacións e se almacenan as pequenas embarcación do club con saída directa ás augas do mar.
sábado, 6 de noviembre de 2010
Happy Birthday, ROBIE HOUSE!
Dende que constrúe a súa residencia - estudio no barrio de Oak Park (Illinois) e durante vinte anos, de 1889 a 19o9, Frank Lloyd Wright desenrolou unha arquitectura que transformaría totalmente a maneira de entender a vivenda unifamiliar suburbana. El denominou ás propostas domésticas dese período as prairie house e, entre elas, a casa para Frederick C. Robie, rematada en 191o, sería o seu expoñente máis representativo, o diálogo perfecto entre a arquitectura e a natureza.
Con este pequeno escrito, quixen sumarme á celebración do centenario da construción da Casa Robie. E a pesares de que semella estar xa todo escrito sobre esta vivenda, asegúrovos que sempre atoparemos algún texto, algunha imaxe… algunha lección que nos demostre como, un século despois da súa construción, aínda podemos aprender da Casa Robie.
domingo, 24 de octubre de 2010
ARØALA, marca rexistrada
ARØALA nace como marca rexistrada no 1999, ano no que ingreso na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, e na que me titulo coa cualificación de Notable a comezos do ano 2oo7.Mentres, curso diversos módulos de debuxo, deseño e tratamento gráfico, e asisto a varios seminarios orientados, entre outros, aos campos do Negocio Inmobiliario e da Rehabilitación. Tamén disfruto de diversas bolsas de colaboración no Departamento de Composición da Universidade da Coruña e na Fundación para o Románico de Santa María La Real.
Traballo en diversos estudios que me aportan experiencia na redacción de proxectos de vivendas unifamiliares, rehabilitacións, e intervencións no patrimonio do Camiño de Santiago.
No período 2oo8-2oo9, curso o Máster en Rehabilitación Arquitectónica pola Universidade de A Coruña, graduándome no mesmo coa cualificación de Sobresaínte.
Na actualidade, combino pequenas colaboracións en estudios coruñeses coa elaboración da miña tese doutoral.
Se desexa obter o currículo completo, non dubide en poñerse en contacto comigo en arqala@gmail.com.
domingo, 7 de febrero de 2010
ARØALA escríbese con A
a- pref. Prefixo continuador da forma latina ad, que indica dirección ou tendencia cara a un fin, paso a un determinado estado.
actitude s.f. 1. Postura do corpo que revela unha intención determinada ou un estado. Actitude de ataque. 2. fig. Disposición do ánimo que se traduce nun determinado modo de proceder.
Amosa unha actitude positiva cara ó problema.
activo-a adx. 1. Que está caracterizado pola acción, que implica unha certa actividade [cousa]. Forma parte dunha asociación cultural bastante activa. 2. Que actúa ou obra con presteza e disposición, que non é capaz de estar sen facer nada [persoa]. É un dos executivos máis activos da empresa.
admiración s.f. Impresión viva provocada por aquilo que se xulga extraordinario, fermoso ou perfecto. A súa vida e a súa obra provocaron a admiración de todo o mundo.
aptitude s.f. Calidade de quen demostra ter capacidade ou disposición [para algo]. Ten aptitudes para o debuxo.
arquitectura s.f. 1. Arte e técnica de realiza-los planos e dirixi-la construción de edificios. A moderna arquitectura pretende a beleza e a comodidade. 2. Conxunto de características arquitectónicas dun edificio, ou, en particular, dunha zona ou período determinado. Un pazo de arquitectura simple, pero maxestosa.
arte s.f. 1. Actividade humana que ten como fin a creación de obras estéticas. Historia da arte. 2. Cada un dos dominios en que o ser humano pode pór en práctica a súa capacidade creadora con fins estéticos. Artes plásticas. 3. Conxunto de obras características dunha época, estilo, etc... A arte barroca. 4. Conxunto de coñecementos e regras precisas para realizar ben determinadas actividades en que a dimensión práctica ten tanta ou máis importancia cá teórica. A arte da milicia. 5. Capacidade, polo xeral adquirida coa experiencia, para facer ben algo que require certas dotes, e manifestación práctica desa capacidade. Ten arte para facer debuxos.
auténtico-a adx. Que é o que aparenta ou o que se di que é. A historia que che conto é auténtica.
autodidacta adx. Que se instruíu ou educou a si mesmo sen axuda de ningún mestre. É unha traballadora autodidacta.
autor-a s. O que realiza un determinado acto, unha obra literaria, artística, etc... Foi premiada a autora deste edificio.












